jueves, 23 de febrero de 2017

O grupo de teatro 100 tolas e o de teatro da oprimida para 3º ESO.

O obxectivo do Teatro da Oprimida  xoga con un conxunto de exercicios, xogos e técnicas teatrais que  serven como instrumento eficaz na comprensión e a procura de alternativas para problemas sociais e interpersoais. O seu obxectivo é transformar ao espectador/a en protagonista da acción dramática, estimulándoo a reflexionar sobre o pasado, transformar a realidade no presente e inventar un futuro , segundo Augusto Boal, o seu creador.
Aproveitando que contan coa colaboración da compañía teatral 100 tolas, “O mundo que queremos” volveu o mércores á actividade co taller teatral. Os/as alumnos/as participantes asistiron a xogos e a escenificación dun caso real que retrata as condicións a que se ven sometidos os traballadores que veñen de fóra en busca das oportunidades que non atopan nos seus países de orixe. Para isto, metéronse no papel da protagonista para así visualizar as distintas posibilidades que unha situación dese tipo podería presentar se cuestións como os dereitos fundamentais básicos e a falta de prexuízos estiveran máis presentes na nosa realidade cotiá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario