jueves, 15 de septiembre de 2016

IV Olimpíada filosófica de Galicia (2016-17)

Xa temos tema para a IV OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA:



NOVAS TECNOLOXÍAS E IDENTIDADES HUMANAS



 MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN
· Haberá cinco modalidades de participación, catro das cales inclúen a participación na Olimpíada Filosófica Estatal. Estas son:


· Disertación Filosófica: Destinada ao alumnado de bacharelato, a proba consistirá en elaborar un que terá unha extensión máxima de catro páxinas, 9.000 caracteres con espazo ou 1.600 palabras, en forma dunha reflexión persoal argumentada sobre o tema a partir da pregunta proposta. Entregarase en formato dixital.

· Dilemas morais: Destinados ao alumnado de 4º de E.S.O, consistirá na resolución dun dilema moral. O obxectivo desta tarefa consiste en que o alumnado ofreza unha solución razoada e argumentada, que terá unha extensión máxima de catro páxinas, 9.000 caracteres con espazo ou 1.600 palabras. Entregarase en formato dixital.

· Certame fotográfico: Dirixido tanto para o alumnado de 4º de E.S.O como de bacharelato, consistirá en reflectir ideas filosóficas a través dunha composición fotográfica realizada ex professo para a Olimpíada, que pode ou non ter sido sometida a programas de tratamento de imaxe. A imaxe debe conter un lema integrado dacordo co tema da fotografía: Que é a beleza?
· Curta de vídeo: Consistirá en elaborar, tamén expresamente para ser presentada na Olimpíada, unha curtametraxe de autoría propia expresando en linguaxe audiovisual ideas filosóficas. A obra deberá durar un máximo de 5 min, e incluir, cando menos, tres elementos media diferentes (texto, son e imaxe...). No video non debe figurar ningún dato que identifique o autor ou a autora, e o nivel ou o centro de ensino. Si, en cambio, débese incorporar unha referencia final á súa presentación á Olimpíada e se faga constar así mesmo o dereito de utilización de todo canto non sexa de autoría propia, como música, imaxes ou fragmentos de vídeo. Calquera incumprimento desta última condición determinará a invalidación da obra presentada. As curtas débense poder visualizar en liña para o que se require a súa publicación en Vimeo ou Youtube e o envío do url ao mail da Olimpíada. Para poder visualizalo en liña requírese a publicación en Vimeo ou Youtube e o envío do url ao mail da Olimpíada.
· A lingua dos textos e parlamentos será o galego. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario